California Dreams

Aireando trapos suxos Outubro 22, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 5:39 am

tendal-san-andres-teixico.jpgHoxe a nosa caseira expresou cun xesto de desagrado que non debíamos ter roupa colgada a secar no patio. Tratábase dunhas camisetas con estampados plásticos que non ían resistir a potencia da secadora da nosa laundry semanal, así que decidimos poñelas a secar ó tan cálido sol californiano. As camisetas aínda están a secar agora penduradas de calquera esquina da casa, que tampouco é tanto problema. Pero o conto é que xa non é a primeira vez que unha lle ven á cabeza pensar: e logo como é que esta xentiña seca aquilo que non pode ser centrifugado a tanta temperatura?

No pequeno estudio que ocupaba durante a miña estadía alemá, nevando e a varios graos baixo cero, a min só se me ocorría preguntarme cómo é que faría aquela xentiña para airear a casa? Nuca puiden descubrilo, pero unha colega italiana ensinoume entusiasmada como conseguira artellar un tendal para evitar ter que recurrir á tan temida secadora.

Nunha das miñas primeiras residencias en París, estaba terminantemente prohibido tender a roupa da ventana para que secase. Seica alteraba a estética do edificio. En San Francisco só se podía ver roupa pendurada das casas en Chinatown.

E é que finalmente o que nos vai distinguir do resto é o xeito en que aireamos os nosos trapos.

 

Leave a Reply