California Dreams

Oportunidade perdida Outubro 25, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 1:49 pm

incendios_california.jpg

Perdimos unha oportunidade de ouro para saltar á fama. Como case sempre que hai unha catástrofe no mundo, La Voz de Galicia busca a un informante fiable (é dicir) a un galego residente no lugar, para que de a versión “en clave do país” dos feitos. Que nos van a contar a nós os residentes en San Diego dos incendios que non poida facer un/ha galego/a. Neste caso foron os lucenses Delia Riesgo (de solteira Dorado) que leva 27 anos en San Diego e David Méndez Rodríguez, estudiante de Viveiro que acababa de chegar ó campus e que sinala sobre o tema o seguinte comentario trascendental: «Yo dormí toda la noche de un tirón con mi grupo de estudiantes y por la mañana me despertaron ofreciéndome una bandeja de donuts. Te traen hasta el desayuno a la cama, pensé». O noso é todo envexa, claro que sí, vivindo alí e perder esta oportunidade. A fama non a da o traballo, senón os xornais, e que orgullo para nais e avoas sair comentando o dos donuts e que sinalen a que localidade pertences. Sobre os incendios, e en clave seria, dicir que son “wildfires“, fogos incontrolados que xorden por sete frontes á vez en unha zoa de alta presión urbanística. En Galicia xa estaríamos falando de conspiración ou pedindo algunha dimisión, pero en California esto é unha catastrofe natural para a que coma sempre o seu estado non estaba preparado, e velaí esas imaxes de milleiros de persoas hacinadas nun estadio que xa forman parte do tipismo norteamericano e  que teñen un corte terceiro mundista. Pero o importante, é que non saimos na Voz, o resto é o de menos, catástrofe a la americana.

 

One Response to “Oportunidade perdida”

  1. Rosalía Bermúdez Says:

    queee galego!

    escacho coa risa


Leave a Reply