California Dreams

Final de traxecto Novembro 16, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 6:42 pm

sharp-issa-airport-frolic.jpgDespois de máis de 30 horas voando, chegamos. No traxecto desde Philadelphia a Madrid, sobrevoamos Galicia. As palabras textuais do piloto foron: “Estamos sobrevolando Santiago de Compostela, a Terra, Galicia. Welcome to Spain”. Despois de catro meses cabe pensar que non somos tan dispares: queimánselle os montes (sen responsables políticos), naufráganlles petroleiros na Bahía de San Francisco, etc. Realmente, só nos levan un certo adianto na carreira da obsesión pola seguridade, as dificultades para comunicarse co “outro”, a megatecnoloxización (a pesares da “avoa” blogueira galaica, nova tamén comentada en EEUU), e un longo etcétera…que xa Sennett, Rifkin ou Bauman analizan nos seus libros, pero se a comparativa GZ-EEUU.  Damos por clausurado o “blog”, moitas gracias a todos/as as/os que nos animástedes neste longo periplo seguindo os post e deixando comentarios. Ata a seguinte aventura!

 

One Response to “Final de traxecto”

  1. funny facts Says:

    The main thing i’m enjoying while reading your blog is the way you write, you are a really charismatic person and your posts are wonderful, keep it up!


Leave a Reply