California Dreams

BSO California V Outubro 16, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 10:21 pm

Sugar Ray: “Fly”.

Esta banda si que é de California, e ten un sonido moi do lugar, facilón, áxil, pegadizo, que podías decir, parece unha banda de california, pois si.

 

BSO California IV Outubro 16, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 10:03 pm

The Clash: “Rock the Casbah”. 

Ainda que dun grupo británico é moi popular nos EE.UU. A canción criticaba a prohibición de Khomeini de prohibir o rock and roll en Irán, e acabou sendo un himmo do exército norteamericano na primeira guerra do Golfo, a pesar de que a banda sempre se declarou contraria a calqueira guerra e crítica do imperialismo norteamericano. Pero é un clásico que podes escoitar nas ondas de California de forma habitual.

 

Descanso dominical Outubro 16, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 9:53 pm

img_1678.JPGAs nosas amigas mexicanas do COLEF (Maru e Alma) leváronnos este domingo a coñecer Rosarito e Ensenada, que forman parte do estado mexicano de Baja California. Este estado ten aproximadamente a mesma poboación que Galicia (2,8 millóns) e está formada por cinco municipios (Tijuana, Rosarito, Ensenada, Mexicali -a capital-, e Tecate), mentres que nós temos 315 municipios (pero non debemos queixarnos que Navarra cunha poboación de 600 mil habitantes ten 272 municipios). A zona está baixo a influencia dos gringos, e é lugar de veraneo para eles, pero todavía existen bares e locais para autóctonos. Comimos tacos de pescado e camarón no porto nuns pequenos restaurantes que están arredor do mercado, as camareiras pelexábanse por atraer ó turista, o mellor reclamo era “cómalo, si lo gusta no lo paga“. Como dirían eles: “Que suave” (=que bo). Despois fomos aínda a un restaurante a comer peixe, e alí enchileime, boteille unha salsiña desas que para eles non pica nada á tortilla (especie de nacho) e nada, empecei a suar, enbranquecín e demais, o truco e botar sal na man e lambelo, algo fixo. Paseamos polo porto, e alí pudemos ver ós leóns marinos nadando e os pelícanos no porto, o contacto coa natureza aquí é moi impactante. Finalizamos a tarde roendo pasteis franceses no Rei Sol e rematamos na línea agardando para cruzar cuns panecillos de muertos para almozar ó día seguinte. Definitivamente, unha xornada completa e agradable, menos mal que podemos combater a frialdade americana co acollemento mexicano, a escasos metros de distancia como poden convivir xente tan diversa!

 

BSO California III Outubro 15, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 5:23 am

Hai versións (The Eagles, The Mamas&The Papas, Bob Marley), pero para min a mellor é a de Gipsy Kings. Falo de “Hotel California”.

 

(In)fortunio Outubro 14, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 6:38 am

marcelduchamp.jpg“En un momento dado, comprendí que no hacía falta cargar la vida con un peso excesivo… Y, afortunadamente, lo comprendí bastante pronto” (Marcel Duchamp)

Aquí como xa sabedes o público (non) funciona daquela maneira (véxase alcantarillado). O conto é que onde quedamos sen auga na casa, a nosa landlady Jo Ann, sufriu unha pequena inundación no seu garaxe e na súa casa. Á pobre muller fastidiouselle a cita co home calvo ó que lle leva 20 anos, sabemos que a visita cada vez que acende todas as luces da casa, ó estilo árbore de Nadal, eso só pasa os venres. O conto é que a raíz diso, non podíamos ir ó baño, nin ducharnos nin nada que implicase conectar auga, basta que non o poidas facer para que sintas a necesidade de ir ó urinario. A psique é así, caprichosa.  Os nosos convidados trasladáronse ó Motel máis cercano, pola mañá collían un avión cara a Galician Country. E a partir de aí comezaron unha serie de pequenos infortunios encadeados (madrugón para ir ó aeroporto, multa por aparcar mal o coche, molladura, etc.) que remataron hoxe cando Jo Ann berraba desde o xardín, e levantaba en alto, ó culpable da sequía no 472 de Davidson Street. Cual cazadora, e acompañada do seu irmá fontaneiro, cun guante sostiña nunha man unha especie de pulpo que non era outra cousa que un conxunto de toalliñas de bebé que un dos nosos convidados enviara polo WC abaixo. En fin, polo medio desta crise a nosa ladyland simpatizante do “Grand Old Party”, non paraba de repetir que a culpa fora súa, pois permitiu esta presión demográfica sobre as cañerías (convidados na nosa casa), e sentenciounos coa frase seguinte: “Os americanos somos directos e francos, se algo nos molesta dicímolo, non coma os españois que dades vinte voltas e nunca dicides as cousa á cara”. Falou o imperio, que cale a periferia. O problema dos infortunios é o peso que nós lles outorgamos.

 

Inmigración: outra visión é posible Outubro 11, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 10:12 pm

 

BSO California II Outubro 11, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 9:46 pm

No Doubt: “Just a girl” 

 

Medo(s) Outubro 11, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 7:50 pm

Falar do(s) medo(s) [e da(s) inseguridade(s)] eiquí é algo habitualsharp-issa-airport-frolic.jpg, cotiá. Os medos habitan no individuo e polo tanto forman parte do “eu”, pero tamén teñen unha construcción social (liquid fear). A min de EE.UU. (e imaxínome que ó mesmo lle pasará á xente de esquerdas) dame medo a súa polícia e o seu sistema xudicial, a súa sanidade (que cobra 6 mil dólares diarios por estar nun hospital, mil por levarte nunha ambulancia…e no que estar enfermo é unha perdición), etc. Pero ós nativos dalles medo ó seu veciño, o “outro”, cando marchábamos para Galicia Country saimos no medio da noite, e esto fixo que fixéramos algo de ruído ó arrastrar as maletas, esto debeulle parecer perigoso a algún veciño/a e a uns metros do noso coche, na escuridade, e inmóvil, vixiábamos unha patrulla da polícia, non se achegou, só ameazaba coas súas luces, estaba alí. Non lle debimos parecer suxeitos/as ameazantes, e simplemente nos deixaron ir sin mediar palabra e gardando a distancia de seguridade. En Madrid ó volver cargaba un tubo de cartazes, e ós da propia policía (española) ríanse dicindo que acabaría en Guantánamo pois o artiluxio tiña forma de bazoca. Nos aeroportos de EE.UU. non hai pe ó humor, un cartaz indica que non se permiten bromas ou chistes sobre atentados, terrorismo ou materiais explosivos, que eles o tomarán moi en serio. Pero aquí compartes os teus medos, unha amiga mexicana ten medo a subir ó metro en México D.C., outra mexicana chorra se se perde conducindo en D.C., e unha investigadora colombiana de Cali di que lle parece moi tranquilo México D.C. e Tijuana, contaba que estaba un bar de méxico tomando unhas cervexas e que ouvíu un estrondo, tirouse ó chan e con ela foron todas as cervexas, a xente quedou pasmada, o bar enteiro mirando, pensou que eran disparos da guerrilla ou dos paramilitares, e só eran fogos artificiais. E que a maioría das ocasións os medos fanse fortes en nós, máis alá da súa ameaza real.

 

Tijuana II Outubro 8, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 5:46 am

sobador-profesional.jpgVolvimos a Tijuana (México), despois dunha noite de “country dance” en San Diego, pateamos a cidade. A “Avenida Revolución” é un templo de consumo barato, e máis para os “gringos” : farmacias que ofrecen viagra, camellos que ofrecen “valium” (como mínimo), tenderetes de artesanía, etc. Pero todo sempre cun estallido de cor. Abertos ó comercio dos EE.UU. en Tijuana os prezos son elevados para a poboación do lugar e baixos para os veciños, todo é negociable. Fumos comer á La Diferencia, e por un prezo de restaurante medio galaico (ou de pulpeira) accedes a un restaurante algo elitista (a Fran pedíronlle que se puxera unha chaqueta para entrar, pois en México son moi clasistas co tema da vestimenta). O certo é que se come moi ben, inxerimos ensalada de nopal (cactus), chiles en nogada e pastel de crepas. Todo moi rico, o que pense que a comida mexicana é sinómino de tacos, guacamole e demáis está moi engañado/a. Ó caer a tarde fumos ata a catedral e atopámonos con Gregorio, experto sobador, é dicir, un curandeiro que esperaba ó seu público á saída da misa das seis, que por certo estaba abarrotada, cerca proliferaban as tendas de remedios ou supermercados para os chamáns do lugar. En Galicia, perdemos ós menciñeiros co avance da sanidade pública, sempre me lembrarei  daquela visita que fixemos, cando eu era nena, a unha menciñeira, ou dese momento , xa non sei se é realidade ou fantasía. A tarde caeu de camiño de volta, os postos pechaban, e daban paso á noite de Tijuana, prostitutas, clubes de alterne, adolescentes vendendo drogas, alcohol…todo convive en tensa harmonía cos turistas, os postos de baratijas, as farmacias para turistas, os negocios de tacos, e os sobadores. Os estadounidense teñen una frase que di ”What happened in Tijuana, stays in Tijuana” (o que pasou en Tijuana, remata en Tijuana). E nós dicimos para finalizar o post: “rematou o día, rematou a romeiría”.

 

BSO California Outubro 5, 2007

Gardado en: Uncategorized — californiadreams @ 7:01 pm

KT Tunstall: Suddenly I see