Só para gourmets I: desertor@s do arado, renegade das papas de millo!
Estades fart@s das papas de millo no almorzo? Cans@s de amorear pan duro para a vosa primeira comida do día? Os barquiños xa non vos prestan coma antes? Non vós preocupedes, en América xa deron ca solución! Este producto que vos presentamos hoxe ten a vantaxe de xunguir a nosa tradición de mollar no leite co po-mo way of life máis puramente americano, isto é, non comer nada que leve máis de dous minutos de preparación no microondas e que non teña un aporte calórico substaciosamente ameazante para a saúde das arterias. Este producto, facilmente localizable na sección de colacaos de calquer supermercado desta beira do atlántico, consiste en prácticos envases individuais de chocolate con leite en pó con nubes de gominola que flotarán persuasivamente na nosa taza de almorzo. Para a súa preparación precisades seguir os seguintes pasos:1. Abrir o sobre e verquer o contido nunha cunca2. Botar auga na cunca3. Programar o microondas para quecer durante 1,5 minutos4. Retirar do microondas e degustar(*Nota @s militantes da slow food: para evitar a frustación derivada da rapidez de elaboración deste exquisito prato de almorzo, recoméndase empregar 2-3 minutos observando a emerxencia das nubes entre o chocolate líquido na superficie da vosa mug preferida, de seguro que non vos decepcionará!)
Só para gourmets II: a insoportable desnudez da vieira

Pois si, isto que vedes na foto son vieiras, irrecoñecibles sen a súa cuncha característica e máis sen ese anaco de carne laranxa que as bordea. Así venden aquí os scallops nos súpers. Logo aquí non as preparan gratinadas ó forno? Pois non, non saben o que perden. Pero, isto ten rápida solución tirando da nosa ben fornida cultura migratoria. Estamos a artellar unha campaña entre as comunidades galaicas residentes nos USA para reclamar a integralidade da vieira nos centros de alimentación en que esta se comercialice. O slógan da campaña será “Get our full vieiras back!” e consistirá na recollida de sinaturas e na organización de manifestacións diante da Casa Branca, aproveitando que xa temos por alí un contacto. Estade atent@s ás próximas convocatorias do MIV (Movemento pola Integralidade da Vieira)!